viernes, 15 de noviembre de 2013

XI XORNADAS PROFESIONAIS ALZHEIMER

AFAGA organiza unhas xornadas sobre Alzheimer, os días 22 e 23 de novembro na Sala de Conferencias do Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia, de Vigo.
Máis información


 Por outra banda,  a Deputación e a Fundación Colexio Médico de Pontevedra tamén realizarán  charlas informativas sobre a enfernidade do Alzheimer, impartidas por profesionais da Medicina, en 42 concellos da provincia de Pontevedra. Serán do 17 de outubro ó 18 de decembro, cunha duración dunha hora.
Máis información

XORNADAS "INICIA E CREA"

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado realizará durante o mes de novembro unhas xornadas formativas para apoiar aos mozos e mozas na xestión de proxectos que queiran emprender.
Estas xornadas están dirixidas a xóvenes emprendedores con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos.
Para obter máis información sobre as xornadas, as datas e lugares de celebración, así como a inscrición nas mesmas podes consultar o seguinte enlace.


lunes, 21 de octubre de 2013

CURSO DE CREACIÓN DE EMPRESAS

O IGAPE convoca cursos para a formación empresarial.
Obxectivo: estimular a creación de novas empresas, o afianzamento daquelas de recente creación que necesiten reformular a súa xestión, mediante a formación empresarial. Formar a emprendedores/as en ferramentas e técnicas de creación e xestión de empresas para que desenvolvan e convertan o seu proxecto nunha empresa real.
Nº de horas: 112 (100 horas lectivas e 12 horas de tutorías aproximadamente).
Cidade de impartición formación presencial: Santiago de Compostela.
Máis información

PONTEEMPREGO: FEIRA DO EMPREGO DE PONTEVEDRA

Os vindeiros días 23 e 24 de outubro celebrarase no Pazo de Congresos a segunda feira do emprego de Pontevedra.
 Está destinada a persoas que buscan traballo e  a aquelas que desexan mellorar a súa situación laboral.
O programa inclúe diferentes relatorios e mesas redondas,  obradoiros de traballo, esposición comercial e bolsa de contratación.
Para máis información pincha aquí.


lunes, 14 de octubre de 2013

XORNADA DE EMPRENDEMENTO



A Cámara de Comercio organiza as "Xornadas de orientación e sensibilización sobre o espíritu emprendedor na escola" dirixidas a orientar e motivar aos xóvenes cara o autoemprego.

Realizaranse o venres, 18 de outubro, no Pazo de Congresos de Pontevedra, en horario de 9:30 a 12:00 horas.

Contará coa intervención de Fernando Sánchez Salinero (Ponencia: "Preparados para un mundo lleno de retos. Cómo construír tu futuro") e a presentación do emprendedor Manuel López Cerón (Empresa Galifutbol).

viernes, 20 de septiembre de 2013

PROGRAMA EDUEMPRENDE AVANZA

A Consellería de Educación ven de ampliar o prazo para o envío de solicitudes de inscrición no Programa Eduemprende Avanza 2013.
Poderá solicitarse a inscrición ata o 27 de setembro.
Máis información.

VALIDACIÓNS DE MÓDULOS EN FORMACIÓN PROFESIONAL

Nun prazo de 20 días dende o inicio das clases pódense solicitar na Secretaría do centro as validacións de módulos por ter módulos superados doutros ciclos ou por unidades de competencia acreditadas do Catálogo nacional de cualificacións profesionais
Máis información sobre o procedemento de validación, posibles validacións de módulos e acceso ao impreso de solicitude neste enlace.

BOLSAS DO MECD PARA ESTUDANTES DE FP

Está aberto o prazo para a solicitude das bolsas que o MECD convoca anualmente para as ensinanzas postobrigatorias, entre elas as de Formación Profesional ofertadas no CIFP: CGM, CGS e PCPI.
A tramitación da bolsa realízase de xeito telemático na sede electrónica do Ministerio de Educación.
O prazo remata o 30 de setembro.
Acceso ao trámite.
Máis información.


martes, 18 de junio de 2013

CONVOCATORIA PROGRAMA EDUEMPRENDE AVANZA 2013

  A Consellería de Educación convoca este programa coa finalidade de fomentar o espírito emprendedor e as iniciativas empresariais no sistema educativo de Galicia.
 Consiste na organización dun seminario onde se recibe unha formación práctica en distintos talleres de como concretar e deseñar un plan de empresa e se facilita a oportunidade de acceder á rede de viveiros de empresa dos centros educativos de Galicia.

  Está dirixido a.
  • Alumnado de ciclos formativos de formación profesional, ensinanzas artísticas, ensinanzas deportivas ou bacharelato matriculado nun centro educativo sostido con fondos públicos.
  • Persoas que finalizaron os seus estudios de calquera destas ensinanzas nos derradeiros 4 anos.
  A celebración do programa terá lugar nos centros educativos da rede de viveiros de empresa. En Pontevedra está ubicado no IES Luis Seoane

  Prazo de inscrición aberto ata o 17 de setembo de 2013.

  Máis información e solicitude de participación neste enlace.


martes, 14 de mayo de 2013

MATRÍCULA ANTICIPADA NAS PAU



Aberto o prazo de matricula anticipada nas PAU do 14 ao 31 de maio ás 14.00 horas.
Pode matricularse o alumnado de FP do SUG do ano en curso que estea en disposición de acadar o título de TSFP na convocatoria de xuño de 2013 e desexe realizar a fase específica das PAU.

A matrícula realizarase no LERD de Pontevedra (EU Forestais) e deberán achegar unha certificación académica oficial provisional.

Máis información

CONVOCATORIA PRAZAS RESIDENCIAIS



No DOG do 14 de maio convócanse prazas nos centros residenciais da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios.

Establécense requisitos de nacionalidade e residencia, requisitos académicos e requisitos de renda para a solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes: do 15 de maio ao 13 de xuño.

Acceso a Orde da convocatoria.

martes, 7 de mayo de 2013

CHARLA EMPRENDEMENTO

Neste terceiro trimestre o Departamento de Información e Orientación Profesional, a través da coordinación de Emprendemento, organizará unha charla dirixida ao alumnado dos ciclos formativos de réxime modular.

Contarase coa presencia da Asociación de Xóvenes Empresarios de Pontevedra e a participación de emprendedores de cada unha das familias profesionais ofertadas no CIFP.

jueves, 4 de abril de 2013

IGUALDADE

O mércores 20 de marzo levaronse a cabo no centro actividades de corresponsabilidade entre o alumnado dos distintos  ciclos. 
Aquí temos unha pequena mostra dos traballos realizados.