martes, 14 de mayo de 2013

MATRÍCULA ANTICIPADA NAS PAU



Aberto o prazo de matricula anticipada nas PAU do 14 ao 31 de maio ás 14.00 horas.
Pode matricularse o alumnado de FP do SUG do ano en curso que estea en disposición de acadar o título de TSFP na convocatoria de xuño de 2013 e desexe realizar a fase específica das PAU.

A matrícula realizarase no LERD de Pontevedra (EU Forestais) e deberán achegar unha certificación académica oficial provisional.

Máis información

CONVOCATORIA PRAZAS RESIDENCIAIS



No DOG do 14 de maio convócanse prazas nos centros residenciais da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios.

Establécense requisitos de nacionalidade e residencia, requisitos académicos e requisitos de renda para a solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes: do 15 de maio ao 13 de xuño.

Acceso a Orde da convocatoria.

martes, 7 de mayo de 2013

CHARLA EMPRENDEMENTO

Neste terceiro trimestre o Departamento de Información e Orientación Profesional, a través da coordinación de Emprendemento, organizará unha charla dirixida ao alumnado dos ciclos formativos de réxime modular.

Contarase coa presencia da Asociación de Xóvenes Empresarios de Pontevedra e a participación de emprendedores de cada unha das familias profesionais ofertadas no CIFP.