martes, 18 de junio de 2013

CONVOCATORIA PROGRAMA EDUEMPRENDE AVANZA 2013

  A Consellería de Educación convoca este programa coa finalidade de fomentar o espírito emprendedor e as iniciativas empresariais no sistema educativo de Galicia.
 Consiste na organización dun seminario onde se recibe unha formación práctica en distintos talleres de como concretar e deseñar un plan de empresa e se facilita a oportunidade de acceder á rede de viveiros de empresa dos centros educativos de Galicia.

  Está dirixido a.
  • Alumnado de ciclos formativos de formación profesional, ensinanzas artísticas, ensinanzas deportivas ou bacharelato matriculado nun centro educativo sostido con fondos públicos.
  • Persoas que finalizaron os seus estudios de calquera destas ensinanzas nos derradeiros 4 anos.
  A celebración do programa terá lugar nos centros educativos da rede de viveiros de empresa. En Pontevedra está ubicado no IES Luis Seoane

  Prazo de inscrición aberto ata o 17 de setembo de 2013.

  Máis información e solicitude de participación neste enlace.