lunes, 21 de octubre de 2013

CURSO DE CREACIÓN DE EMPRESAS

O IGAPE convoca cursos para a formación empresarial.
Obxectivo: estimular a creación de novas empresas, o afianzamento daquelas de recente creación que necesiten reformular a súa xestión, mediante a formación empresarial. Formar a emprendedores/as en ferramentas e técnicas de creación e xestión de empresas para que desenvolvan e convertan o seu proxecto nunha empresa real.
Nº de horas: 112 (100 horas lectivas e 12 horas de tutorías aproximadamente).
Cidade de impartición formación presencial: Santiago de Compostela.
Máis información

PONTEEMPREGO: FEIRA DO EMPREGO DE PONTEVEDRA

Os vindeiros días 23 e 24 de outubro celebrarase no Pazo de Congresos a segunda feira do emprego de Pontevedra.
 Está destinada a persoas que buscan traballo e  a aquelas que desexan mellorar a súa situación laboral.
O programa inclúe diferentes relatorios e mesas redondas,  obradoiros de traballo, esposición comercial e bolsa de contratación.
Para máis información pincha aquí.


lunes, 14 de octubre de 2013

XORNADA DE EMPRENDEMENTO



A Cámara de Comercio organiza as "Xornadas de orientación e sensibilización sobre o espíritu emprendedor na escola" dirixidas a orientar e motivar aos xóvenes cara o autoemprego.

Realizaranse o venres, 18 de outubro, no Pazo de Congresos de Pontevedra, en horario de 9:30 a 12:00 horas.

Contará coa intervención de Fernando Sánchez Salinero (Ponencia: "Preparados para un mundo lleno de retos. Cómo construír tu futuro") e a presentación do emprendedor Manuel López Cerón (Empresa Galifutbol).