miércoles, 10 de septiembre de 2014

BOLSAS DO MECD PARA ESTUDAR FP


Está aberto o prazo para a solicitude de bolsas que o MECD convoca anualmente para as ensinanzas postobrigatorias, entre elas as de Formación Profesional ofertadas no CIFP: Ciclos Formativos de Grao Medio, Ciclos Formativos de Grao Superior e Formación Profesional Básica.

   A solicitude realízase de xeito telemático na sede electrónica do Ministerio de Educación.

   O prazo de presentación remata o 30 de setembro de 2014.

   Acceso ao trámite
   Convocatoria no BOE
   Máis información



miércoles, 18 de junio de 2014

PONTEEMPREGO- FEIRA DO EMPREGO DE PONTEVEDRA

Os días 25 e 26 de xuño desenvolverase no Pazo de Cultura a III Edición da Feira de Emprego de Pontevedra.

Durante a Feira haberá un programa de conferencias, obradoiros formativos (previa inscrición) e un espazo expositivo con stands de empresas e institucións.

Asimesmo, contarase cunha bolsa de contratación dirixida a persoas desempregadas ou que queiran mellorar as súas condicións actuais de emprego. As ofertas de emprego poden consultarse no Boletín informativo do Ponteemprego do 11/06/2014. En cada oferta detállanse os requisitos, as condicións e un enderezo electrónico ao que remitir os currículos (Na Feira non se recollerán currículos).

Máis información

lunes, 12 de mayo de 2014

MATRICULA ANTICIPADA NAS PAU PARA ALUMNADO DE FP

O alumnado de FP de anos anteriores que estea en posesión do título de Técnico Superior ou equivalente, así como o alumnado de FP que estea en disposición de acadar o título na convocatoria de xuño de 2014, para poder examinarse da fase específica da PAU deberá formalizar a matrícula da mesma.

O prazo establecido abrangue do 13 ao 31 de maio e o lugar para efectuala será o LERD de Pontevedra ( LERD 7  Campus de Pontevedra,  E.U. de Enxeñería Técnica Forestal, Área de Servizos á Comunidade - Campus A Xunqueira 36005 Pontevedra Tel.: 986.801949 Fax: 986.802060)
Previamente solicitarán na Secretaría do CIFP unha Certificación Académica, que entregarán no LERD.

Máis información:
PAU, notas de corte, parámetros de ponderación das materias da fase específica,...
Acceso á universidade para o alumnado de Formación Profesional

viernes, 25 de abril de 2014

BOLSAS FEUGA PARA A INSERCIÓN LABORAL

FEUGA, Fundación Empresa-Universidad GallegaFEUGA e a Fundación Alcoa poñen en marcha unha iniciativa para facilitar a inserción laboral de 50 mozos e mozas desempregados/as.
Requisitos dos aspirantes: estar en posesión dun título universitario ou de Formación Profesional, ter entre 18 e 24 anos e cumprir as condicións para obter unha bolsa FEUGA.
Os/as becarios/as seleccionados recibirán formación teórica a cargo de FEUGA e disfrutarán dunha bolsa retribuida de dous meses nunha pyme industrial na Comunidade.
As prácticas na empresa serán de dous meses a media xornada ou de un mes a xornada completa, preferentemente nos meses de xuño e xullo de 2014
Máis información

viernes, 14 de marzo de 2014

II PREMIOS GAIÁS-SIXTO SECO

A Cidade da Cultura de Galicia convoca a segunda edición dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e emprendedoras  e dinamizar as industrias culturais de Galicia.
Poderán participar nesta convocatoria os titulados e tituladas de ciclos medios e superiores de Formación Profesional.
Xunto coa solicitude de participación, os interesados/as deberán presentar os seus traballos e documentación acreditativa da súa formación á Fundación Cidade da Cultura de Galicia antes do 31 de agosto.
Bases e solicitude de inscrición.

CERTAME COOPERATIVISMO NO ENSINO 2014

A Consellería de Traballo  e Benestar convoca o Certame Cooperativismo no ensino co obxecto de promover e difundir o cooperativismo entre o alumnado e profesorado.
A modalidade de participación para o alumnado e profesorado de FP é un concurso de proxectos empresariais cooperativos.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 15 de maio de 2014.
Máis información

domingo, 9 de febrero de 2014

PRESENTACIÓN DO LIBRO "MATRIARCAS, MULLERES EN PÉ DE VIDA"

Este xoves, 13 de febreiro de 2014, contaremos coa presenza de Montse Fajardo, periodista vilagarciana, que virá a presentarnos o seu primeiro libro “Matriarcas, Mulleres en Pé de Vida”.

“Matriarcas”, recolle as testemuñas de dez mulleres de distintos puntos de Galicia que, contando as súas vidas, destripan a realidade do matriarcado que sostiña a sociedade galega da posguerra.
O perfil das entrevistadas é heteroxéneo. A meirande parte coinciden no mesmo tramo de idade (naceron nos anos 20 e 30), máis pertencen a profesións, status social e lugares distintos.
Nesta ocasión estará acompañada por Gloria Lijó, protagonista de un dos dez capítulos do libro e a primeira muller enrolada nun barco que ía á pescada en Marrocos.

Esta actividade está incluída no Programa “Memoria de mulleres na escola” no que participa este CIFP e pretende servir de estímulo e modelo para os traballos de investigación e recompilación a desenvolver polo alumnado.
O encontro terá lugar no Salón de Actos do CIFP ás 10:30 h.