domingo, 9 de febrero de 2014

PRESENTACIÓN DO LIBRO "MATRIARCAS, MULLERES EN PÉ DE VIDA"

Este xoves, 13 de febreiro de 2014, contaremos coa presenza de Montse Fajardo, periodista vilagarciana, que virá a presentarnos o seu primeiro libro “Matriarcas, Mulleres en Pé de Vida”.

“Matriarcas”, recolle as testemuñas de dez mulleres de distintos puntos de Galicia que, contando as súas vidas, destripan a realidade do matriarcado que sostiña a sociedade galega da posguerra.
O perfil das entrevistadas é heteroxéneo. A meirande parte coinciden no mesmo tramo de idade (naceron nos anos 20 e 30), máis pertencen a profesións, status social e lugares distintos.
Nesta ocasión estará acompañada por Gloria Lijó, protagonista de un dos dez capítulos do libro e a primeira muller enrolada nun barco que ía á pescada en Marrocos.

Esta actividade está incluída no Programa “Memoria de mulleres na escola” no que participa este CIFP e pretende servir de estímulo e modelo para os traballos de investigación e recompilación a desenvolver polo alumnado.
O encontro terá lugar no Salón de Actos do CIFP ás 10:30 h.


sábado, 1 de febrero de 2014

ACCESO Á UNIVERSIDADE DENDE A FP

O martes, 4 de febreiro celebrarase no CIFP a charla da Universidade de Vigo, dirixida ao alumnado de 2º curso dos Ciclos Formativos de Grao Superior.
Organización:
12:00 -13.00 h. : información xeral sobre o acceso á universidade para titulados/as de Formación Profesional.
13:00- 14:00 h.: presentación de titulacións (Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte- Campus de Pontevedra, ETS de Enxeñeiros de Telecomunicación e ETS Enxeñeiros Industriais- Campus de Vigo)

Enlaces de interés
Información sobre o acceso á universidade (PAU 2014, parámetros de ponderación da fase específica das PAU, notas de corte, ...)