viernes, 23 de octubre de 2015

DÍA DO EMPRENDEDOR/A DE GALICIA

IGAPE e Fundación EOI,  co obxectivo de impulsar a Iniciativa Emprendedora e a consolidación de empresas, organizan o Día do Emprendedor de Galicia.
Conferencia inaugural a cargo de EDURNE PASABAN
“Claves para alcanzar o éxito ante calquera reto persoal e laboral”
Máis información e inscrición https://www.eoi.es/es/eventos/18556/dia-del-emprendedor-de-galicia-santiago-de-compostela

FORO COLABORATIVO PARA O EMPREGO (FOCO 2015)

PresentaciónO Foro Colaborativo para o Emprego (FOCO 2015) integra un amplo programa de actividades como espazo de encontro e para mellora das competencias das persoas asistentes.
 O obxectivo do FOCO 2015 é o de facilitar o coñecemento do mercado laboral, fomentar as sinerxías entre empresas e entidades relacionadas co emprego, así como desenvolver accións de formación e intermediación laboral que favorezan as posibilidades de inserción das persoas desempregadas.
Igualmente o FOCO 2015 é un espazo para o diálogo e a participación no proceso de construción dun Plano de Emprego para Santiago de Compostela.
Polo tanto, entre as actividades do Foro podemos sinalar:
  • Xestión de ofertas de emprego. Entre o 1 de outubro e o 3 de novembro realizaranse tarefas de intermediación laboral e xestión de ofertas, desenvolvéndose algún dos procesos de selección no propio Foro. 
  • Encontros con empresas para a selección de talento. No Foro realizaranse encontros/entrevistas personalizadas con empresas interesadas en preseleccionar candidatos/as para próximas contratacións. 
  • Envío de currículums en formato dixital a ofertas e portais de emprego. No FOCO haberá unha zona de terminais para que as persoas asistentes poidan enviar online os seus currículums a máis de 40 de empresas. 
  • Mesas participativas no marco do Pacto Local polo Emprego. O programa inclúe 17 mesas temáticas estruturadas en tres grandes áreas: empregabilidade: empresa e economía social; e cidadania e desenvolvemento. As mesas terán un carácter participativo, contando coa presenza de expertos na materia en cada unha delas. 
  • Actividades formativas. O programa formativo pretende axudar aos participantes a aumentar as súas competencias e cualificacións profesionais e informalos sobre os recursos e as ferramentas máis útiles na busca de emprego. 
  • Presentacións e stands de empresas. Divesas empresas realizarán presentacións e atenderán ás persoas asistentes, contando cunha presenza destacada de empresas situadas no ámbito da economía social e a promoción do emprego. 

jueves, 8 de octubre de 2015

CURSO DE PREVENCIÓN RISCOS DE NIVEL BÁSICO

Do 3  ao 9 de novembro realizarase un curso presencial de prevención de riscos laborais de nivel básico no Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) de Pontevedra .O prazo de inscrición estará aberto do 9 de outubro ata o 6 de novembro. 

A duración é de 35 horas, o número de prazas son 50 e o lugar de celebración é o Centro ISSGA en Pontevedra (Rande, Redondela).


O número de prazas é limitado, polo que a inscrición pecharase no momento que se complete o aforamento dispoñible; mentres haxa prazas dispoñibles, poderanse enviar novas solicitudes ata a data de fin de inscrición.
 
Para maior información sobre a oferta formativa pincha aquí
Os cursos de nivel básico do ISSGA teñen validez para a validación do módulo de Formación e Orientación Laboral, nos casos establecidos na normativa ao respecto.

domingo, 13 de septiembre de 2015

BOLSAS DO MECD PARA ESTUDAR FP



Resultado de imagen de becas mecd 2015-16Está aberto o prazo de solicitude de bolsas que o MECD convoca anualmente para as ensinanzas postobrigatorias, entre elas as de Formación Profesional ofertadas no CIFP: Ciclos Formativos de Grao Medio, Ciclos Formativos de Grao Superior e Formación Profesional Básica.

   A solicitude realízase de xeito telemático na sede electrónica do Ministerio de Educación.

   O prazo de presentación remata o 30 de setembro de 2015.

   Acceso ao trámite
   Convocatoria no BOE
   Máis información

martes, 30 de junio de 2015

INSERCIÓN LABORAL DO ALUMNADO QUE REMATA A FCT. CURSO 2014-15

Datos de inserción laboral na empresa na que realizan a FCT.

CICLO
Porcentaxe empregabilidade
SETEMBRO-DECEMBRO
ABRIL - XUÑO
Madeira, moble e Cortiza
CM Carpintaría e moble
0%
50%
CM Instalación e amoblamento
0%
40%
ZM Instalación e amoblamento (modular)
33,33%

Electricidade e Electrónica
CM Instalación de telecomunicacións
0%
17%
CS Mantemento electrónico
0%
0%
CS Sistemas de telecomunicación e informáticos
0%
0%
ZS Sistemas de telecomunicación e informáticos (modular)
0%

Servizos Socioculturais e á comunidade
CM Atención a persoas en situación de dependencia
0%
0%
CS Educación Infantil
0%
0%
ZM Atención a persoas en situación  de dependencia (modular)
0%

Transporte e mantemento de vehículos
CM Electromecánica
66,6%
0%
CM Carrozaría

0%
ZS Automoción
0%

miércoles, 13 de mayo de 2015

MATRÍCULA ANTICIPADA NAS PAU 2015 PARA ALUMNADO DE FP


O alumnado de FP de anos anteriores que estea en posesión do título de Técnico Superior ou equivalente, así como o alumnado de FP que estea en disposición de acadar o título na convocatoria de xuño de 2015, para poder examinarse da fase específica da PAU deberá formalizar a matrícula da mesma.

O prazo establecido abrangue do 12 ao 29 de maio e o lugar para efectuala será o LERD de Pontevedra ( Escola Universitaria de Forestais do Campus de A Xunqueira)

Documentación a presentar:
- Fotocopia DNI ou pasaporte
-Resgardo acreditativo de ter aboados os prezos de matrícula ou documentación que acredite  a exenció
-Impreso de matrícula, facilitado polo LERD.
Para o alumnado en disposición de acadar o título de técnico/a superior en xuño de 2015:
-Certificación académica provisonal na que conste a superación de todos os módulos do Ciclo Superior, a excepción de FCT e Proxecto (Solícitase na Secretaría do CIFP)
Para o alumnado con título de FP, obtido en anos anteriores:
-Certificación académica do centro
-Acreditación de ter aboadas as taxas para a expedición do título

Máis información
PAU, notas de corte, parámetros de ponderación das materias da fase específica,..
Acceso á universidade para o alumnado de Formación Profesional.

lunes, 9 de febrero de 2015

CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DE NIVEL BÁSICO EN LIÑA

Do 3 de marzo ao 29 de abril realizarase un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico, na modalidade de teleformación, organizado polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA).O prazo de inscrición estará aberto do 16 ao 19 de febreiro.

A solicitude de matrícula farase a través da zona de matrícula da EGAP https://egap.xunta.es/matricula/login.php.

Para maior información sobre a oferta formativa pincha aquí

Os cursos de nivel básico do ISSGA teñen validez para a validación do módulo de Formación e Orientación Laboral, nos casos establecidos na normativa ao respecto.

martes, 3 de febrero de 2015

CONVOCATORIA DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO GRADUADO EN ESO

A Consellería de Educación e O.U. publicou a convocatoria de probas para a obtención do Graduado en ESO para persoas maiores de18 anos, nas convocatorias de maio e setembro

Prazos de matrícula:
    Educación de adultos
  • Convocatoria de maio: 16 de marzo ao 27 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos.
  • Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo de 2015, ambos os dous incluídos.
O título de ESO é un dos requisitos de acceso directo aos Ciclos Formativos de Grao Medio.

Acceso a documento informativo
Acceso a información publicada no portal educativo da Xunta de Galicia e á Resolución da convocatoria

miércoles, 28 de enero de 2015

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

O venres, 30 de xaneiro, commemórase o "Día Escolar pola Paz e Non Violencia", no aniversario da morte de Ghandi.

Aquí deixamos uns enlaces con recursos para contribuír a fomentar a tolerancia, a solidariedade, o respecto polos dereitos Humanos e a non violencia nos Centros educativos

Seminario Galego de Educación para a Paz
Orientacionandujar
Orientación en red

DECRETO DE CONVIVENCIA

 Galicia continúa a ser a comunidade pioneira na mellora do clima escolar coa elA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no DOG do 27 de xaneiro, o Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/20111, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar.
Acceso ao documento

lunes, 19 de enero de 2015

CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Do 16 ao 20 de febreiro, desenvolverase no Centro do ISSGA en Pontevedra (Redondela), un curso presencial de prevención de riscos laboraris de nivel básico (35 horas de formación e contidos según o establecido no RD 39/1997)
O prazo de inscrición está aberto desde o 16 de xaneiro ata o remate da inscrición, pero como o número de prazas é limitado (50), a inscrición pecharase no momento que se complete o aforamento dispoñible.
A solicitude de inscrición pode realizarse a través do formulario dispoñible na páxina web do ISSGA.
Para maior información sobre a oferta formativa do ISSGA, pincha aquí.

 Os cursos de prevención de riscos laborais de nivel básico ofertados polo ISSGA son  gratuítos e teñen validez para a convalidación do módulo de Formación e Orientación Laboral, nos casos establecidos pola normativa de Educación.