miércoles, 28 de enero de 2015

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

O venres, 30 de xaneiro, commemórase o "Día Escolar pola Paz e Non Violencia", no aniversario da morte de Ghandi.

Aquí deixamos uns enlaces con recursos para contribuír a fomentar a tolerancia, a solidariedade, o respecto polos dereitos Humanos e a non violencia nos Centros educativos

Seminario Galego de Educación para a Paz
Orientacionandujar
Orientación en red

DECRETO DE CONVIVENCIA

 Galicia continúa a ser a comunidade pioneira na mellora do clima escolar coa elA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no DOG do 27 de xaneiro, o Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/20111, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar.
Acceso ao documento

lunes, 19 de enero de 2015

CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Do 16 ao 20 de febreiro, desenvolverase no Centro do ISSGA en Pontevedra (Redondela), un curso presencial de prevención de riscos laboraris de nivel básico (35 horas de formación e contidos según o establecido no RD 39/1997)
O prazo de inscrición está aberto desde o 16 de xaneiro ata o remate da inscrición, pero como o número de prazas é limitado (50), a inscrición pecharase no momento que se complete o aforamento dispoñible.
A solicitude de inscrición pode realizarse a través do formulario dispoñible na páxina web do ISSGA.
Para maior información sobre a oferta formativa do ISSGA, pincha aquí.

 Os cursos de prevención de riscos laborais de nivel básico ofertados polo ISSGA son  gratuítos e teñen validez para a convalidación do módulo de Formación e Orientación Laboral, nos casos establecidos pola normativa de Educación.