lunes, 9 de febrero de 2015

CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DE NIVEL BÁSICO EN LIÑA

Do 3 de marzo ao 29 de abril realizarase un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico, na modalidade de teleformación, organizado polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA).O prazo de inscrición estará aberto do 16 ao 19 de febreiro.

A solicitude de matrícula farase a través da zona de matrícula da EGAP https://egap.xunta.es/matricula/login.php.

Para maior información sobre a oferta formativa pincha aquí

Os cursos de nivel básico do ISSGA teñen validez para a validación do módulo de Formación e Orientación Laboral, nos casos establecidos na normativa ao respecto.

martes, 3 de febrero de 2015

CONVOCATORIA DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO GRADUADO EN ESO

A Consellería de Educación e O.U. publicou a convocatoria de probas para a obtención do Graduado en ESO para persoas maiores de18 anos, nas convocatorias de maio e setembro

Prazos de matrícula:
    Educación de adultos
  • Convocatoria de maio: 16 de marzo ao 27 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos.
  • Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo de 2015, ambos os dous incluídos.
O título de ESO é un dos requisitos de acceso directo aos Ciclos Formativos de Grao Medio.

Acceso a documento informativo
Acceso a información publicada no portal educativo da Xunta de Galicia e á Resolución da convocatoria