viernes, 23 de octubre de 2015

DÍA DO EMPRENDEDOR/A DE GALICIA

IGAPE e Fundación EOI,  co obxectivo de impulsar a Iniciativa Emprendedora e a consolidación de empresas, organizan o Día do Emprendedor de Galicia.
Conferencia inaugural a cargo de EDURNE PASABAN
“Claves para alcanzar o éxito ante calquera reto persoal e laboral”
Máis información e inscrición https://www.eoi.es/es/eventos/18556/dia-del-emprendedor-de-galicia-santiago-de-compostela

FORO COLABORATIVO PARA O EMPREGO (FOCO 2015)

PresentaciónO Foro Colaborativo para o Emprego (FOCO 2015) integra un amplo programa de actividades como espazo de encontro e para mellora das competencias das persoas asistentes.
 O obxectivo do FOCO 2015 é o de facilitar o coñecemento do mercado laboral, fomentar as sinerxías entre empresas e entidades relacionadas co emprego, así como desenvolver accións de formación e intermediación laboral que favorezan as posibilidades de inserción das persoas desempregadas.
Igualmente o FOCO 2015 é un espazo para o diálogo e a participación no proceso de construción dun Plano de Emprego para Santiago de Compostela.
Polo tanto, entre as actividades do Foro podemos sinalar:
  • Xestión de ofertas de emprego. Entre o 1 de outubro e o 3 de novembro realizaranse tarefas de intermediación laboral e xestión de ofertas, desenvolvéndose algún dos procesos de selección no propio Foro. 
  • Encontros con empresas para a selección de talento. No Foro realizaranse encontros/entrevistas personalizadas con empresas interesadas en preseleccionar candidatos/as para próximas contratacións. 
  • Envío de currículums en formato dixital a ofertas e portais de emprego. No FOCO haberá unha zona de terminais para que as persoas asistentes poidan enviar online os seus currículums a máis de 40 de empresas. 
  • Mesas participativas no marco do Pacto Local polo Emprego. O programa inclúe 17 mesas temáticas estruturadas en tres grandes áreas: empregabilidade: empresa e economía social; e cidadania e desenvolvemento. As mesas terán un carácter participativo, contando coa presenza de expertos na materia en cada unha delas. 
  • Actividades formativas. O programa formativo pretende axudar aos participantes a aumentar as súas competencias e cualificacións profesionais e informalos sobre os recursos e as ferramentas máis útiles na busca de emprego. 
  • Presentacións e stands de empresas. Divesas empresas realizarán presentacións e atenderán ás persoas asistentes, contando cunha presenza destacada de empresas situadas no ámbito da economía social e a promoción do emprego. 

jueves, 8 de octubre de 2015

CURSO DE PREVENCIÓN RISCOS DE NIVEL BÁSICO

Do 3  ao 9 de novembro realizarase un curso presencial de prevención de riscos laborais de nivel básico no Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) de Pontevedra .O prazo de inscrición estará aberto do 9 de outubro ata o 6 de novembro. 

A duración é de 35 horas, o número de prazas son 50 e o lugar de celebración é o Centro ISSGA en Pontevedra (Rande, Redondela).


O número de prazas é limitado, polo que a inscrición pecharase no momento que se complete o aforamento dispoñible; mentres haxa prazas dispoñibles, poderanse enviar novas solicitudes ata a data de fin de inscrición.
 
Para maior información sobre a oferta formativa pincha aquí
Os cursos de nivel básico do ISSGA teñen validez para a validación do módulo de Formación e Orientación Laboral, nos casos establecidos na normativa ao respecto.