sábado, 27 de febrero de 2016

TÉCNICAS DE TRABALLO INTELECTUAL

Dispoñer de hábito de traballo e das técnicas apropiadas para estudar son clave para garantir un estudo eficaz e mellorar o rendemento académico.
Nos seguintes enlaces vas a atopar técnicas para mellorar a túa memoria, a atención e concentración, a motivación, a elaboración de traballos, a preparación de exames, exposicións orais, a comprensión de textos, etc.
Recorda que canto mellor organizado estea o estudo, menos esforzo e menos tempo esixe e son mellores os resultados que se obtén.

ENLACES
Técnicas de estudio  

Web Aprender a estudiar


CURSO EMPRENDEMENTO

Resultado de imagen de imaxe casa das campasEmprende online por 0 €
Curso gratuíto pata todos os públicos.
Do 29 e febreiro ao 18 de marzo, de 17:00 a 19:00 na Casa das Campás (Vicerreitoría do Campus de Pontevedra).
Máis información 685883424

miércoles, 24 de febrero de 2016

PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN E DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

Resultado de imagen de programa garantía xuvenilSon dúas accións enmarcadas dentro do Programa de Garantía Xuvenil, dirixidas a xóvenes entre 16 e 29 anos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

O programa de incentivos á contratación ten como obxectivo facilitar a incorporación á empresa dos xóvenes a através da concesión dunha axuda ás empresas que os contraten baixo calquera modalidade contractual, sempre que teña unha duraciónminima de 6 meses e contratos indefinidos. Os contratos en prácticas e para a formación e a aprendizaxe terán unha duración mínima de 12 meses. En calquera das modalidades contractuais a xornada será a tempo completo.
Prazo de solicitude: 30/09/2016

Resultado de imagen de programa garantía xuvenilO programa de activación e promoción do emprego autónomo, contempla axudas para as persoas beneficiarias da garantía xuvenil que constitúan como autónomos ou monten a súa propia empresa.

Prazo de solicitude: 30/09/2016

Programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa): xornada informativa  o día 26 de febreiro en MUPEGA (Santiago). Inscrición ata o 25 de febreiro na web.

Toda a información sobre os requisitos e a  inscrición no sistema de garantía xuvenil,así como dos programas específicos que se desenvolven pode consultarse neste enlace.