miércoles, 16 de marzo de 2016

PLAN REPENSA- CONCELLO DE PONTEVEDRA



O Plan Repensa é unha iniciativa da Concellería de Promoción Económica e da Cidade na que colabora a Asociación de autónomos APE-Galicia.
Resultado de imagen de Concellería Promoción económica concello de pontevedra Nace co obxectivo de evitar que os negocios locais pechen por xubilación, traspasos falidos ou por abandono da actividade e abrir as portas aos emprendedores para que valoren o darlle continuidade a un proxecto empresarial cun camiño percorrido e potencial viabilidade e acompaña-los con información e na tramitación do posíbel traspaso.
Tres encontros informativos e un máis a modo de punto de encontro e unha guía explicarán aás persoas interesadas o Plan Repensa.
As citas, na Casa da Luz, son as seguintes:
•Día 17 de marzo. (10:00 horas). Charla dirixida a alumnado de Formación Profesional e universitarios coa formación terminada e interesados en crear un negocio como saída profesional.
•Día 5 de abril (18:00 horas). Charla dirixida a emprendedores, profundizando no acompañamento que se lles pode prestar se asumen o reto de facerse cun negocio a piques de pechar.
•Día 7 de abril. Charla dirixidas aos propietarios de comercios e negocios en disposición de transmitir a súa actividade a novos propietarios.
•Día 14 de abril. Xornada de posta en común dos novos titulados, emprendedores e pequenos empresarios na recta final da súa vida profesional ou interesados en deixar a actividade.