DIOP


Benvidos e benvidas ao blog do Departamento de Información e Orientación Profesional (DIOP) do CIFP A Xunqueira.
Nel poderás atopar información de interese sobre diferentes temas de orientación académica e profesional así como novas relacionadas coa formación, o emprego, o emprendemento, bolsas e axudas, convocatorias oficiais, actividades realizadas no centro,…

O DIOP
Composición
 O departamento de información e orientación profesional do CIFP está constituído pola orientadora, un profesor/a  por cada departamento de familia profesional  e un membro do departamento de FOL.  Dentro do departamento inclúese o coordinador de Emprendemento.

As competencias que ten atribuidas son:
* Elaborar as propostas de organización da orientación educativa e profesional e o plan de acción titorial do centro.
*Informar da oferta de cursos así como do procedemento do recoñecemento, avaliación, acreditación e certificación da competencia profesional, das cualificacións profesionais e da formación ao longo da vida.
* Informar e orientar as persoas que participen no procedemento de recoñecemento,
avaliación, acreditación e certificación da competencia profesional acerca dos itinerarios formativos.
*Planificar, desenvolver e levar a cabo as accións de información e orientación no procedemento de recoñecemento, avaliación, acreditación e certificación da competencia profesional.
*Motivar o alumnado e  persoas cara as actividades de emprendemento.
*Planificar a actividade dos viveiros de empresas,  os espazos e recursos para a posta en marcha de proxectos de emprendemento.
* Divulgar as accións de emprendemento.
* Realizar estudos de inserción laboral do alumnado e de mercado de traballo.
* Xestionar a bolsa de emprego do centro.
* Coordinar a orientación laboral e profesional con outras administracións, entidades ou institucións.
* Coordinar, apoiar e ofrecer soporte técnico ás actividades de información, orientación e titoría que realice o profesorado.
* Colaborar na detección de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou aprendizaxe, así como no diagnóstico, deseño e  aplicación de programas individuais de reforzo educativo e adaptacións curriculares. 
* Contribuír a que a avaliación se axuste aos principios de continua, formativa e orientativa.
* Elaborar propostas acerca dos perfís profesionais
*  Elaborar a programación e a memoria do departamento.
No desenvolvemento das súas funcións , o departamento integrará a perspectiva de xénero.

HORARIO DO DIOP DURANTE O CURSO 2015-16
Horario de mañá: de luns a venres, de 9:30 a 14:00 h.
Horario de tarde: mércores de 17:00 a 19.00 h.

CONTACTO
Teléfono: 986873003

No hay comentarios:

Publicar un comentario